ver o índice
Medio Rural

A Dirección Xeral de Montes

A Dirección Xeral de Montes ten, dentro de Xunta de Galicia, a responsabilidade de xestionar, promover e mellorar a produción forestal galega. Por outra parte, define e aplica as medidas para previr e combater os incendios forestais.

A Dirección Xeral é a responsable da conservación e o desenvolvemento dos recursos forestais, a regulación e a xestión do seu uso e calquera outra función que estableza a lei en relación coa defensa e protección dos bosques en Galicia. No marco das súas accións, leva a cabo estudos e análise sobre as causas dos incendios forestais e do seu impacto sobre o medio. Ademáis, coordina e decide os medios para protexer os bosques contra os incendios. Na consecución destes obxectivos, a Dirección Xeral de Montes presta especial atención á sostibilidade das accións e o respecto ao medio e a biodiversidade galega.

(c) Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na Internet pola Xunta de Galicia
Oficina de Rexistro Único e información