» Comproba ti mesmo o efecto dos incendios
» Os efectos dos incendios percíbense a primeira vista
» Observa o fenómeno da erosión na túa aula
» O gamón aparece tras dos incendios
» Medios de extinción
» Indumentaria contraincendio
» Degradación do monte
» Crucigramas
» Sopas de letras
Localiza preto de onde vives unha zona que fose queimada para pasto ou sufrise incendios durante varios anos (non necesariamente seguidos). Busca tamén por alí un prado que, coas mesmas ou parecidas características (mesma orientación e pendente, mesma altura, mesmo tipo de solo...), non os sufrise. Acouta con catro estacas e cordel un anaco de terreo acorde co número de investigadores que facedes a actividade (mellor non moi grande). Agora trátase de ver se hai diferenza entre o número de especies de plantas¹ e a súa distinta abundancia entre o terreo que sufriu incendios e o que non: ¿existe a mesma diversidade nos dous terreos? ¿Hai algunha planta que destaque en cada un?
¹ Identificar correctamente as plantas require experiencia; incluso cunha boa guía de flora galega, o primeiro contacto pode resultar desilusionante. Para realizar a actividade, pode bastar con recoñecer que se trata de plantas diferentes, aínda que non se chegue a identificalas completamente. Outra opción é facerse acompañar por un experto ou saír a practicar e familiarizarse co tema antes de realizar a actividade cos alumnos e alumnas. Para iso cómpre unha boa guía, ou mellor máis dunha (se non se sabe usar unha clave dicotómica, unha guía sinxela permite achegarse rápido aos xéneros das plantas, para logo buscar na “boa”). Esta actividade débese facer na primavera e nunha zona en que xa se rexenerase a vexetación.Localiza preto de onde vives unha zona que fose queimada para pasto ou sufrise incendios durante varios anos (non necesariamente seguidos). Busca tamén por alí un prado que, coas mesmas ou parecidas características (mesma orientación e pendente, mesma altura, mesmo tipo de solo...), non os sufrise. Agora trátase de ver se hai diferenza visual entre os dous terreos: coas mesmas condicións, ¿é igual a cobertura vexetal? ¿Vese o mesmo número de pedras ao aire? ¿Os regueiros teñen o mesmo aspecto? ¿Se acaba de chover ou o incendio é recente, hai algo distintivo nas cunetas? ¿Que significa? (no caso de que estea delimitado por unha estrada). ¿Obsérvanse o mesmo número e especies de aves?
Ti podes reproducir na túa aula o fenómeno da erosión en superficies queimadas ou protexidas pola vexetación: consigue dous recipientes rectangulares de plástico, bandexas fondas ou tupperwares grandes do mesmo tamaño (40 x 30 x 10 cm sería o idóneo, pero poden ser menores; tamén é posible facer con unha e repetilo dúas veces). Deposita na primeira 3 cm de terra vexetal, humedécea bastante (pero sen chegar a convertela en barro) e prénsaa coa man ata que quede bastante compacta. Déixaa repousar un ou dous días. Fai o mesmo coa segunda cubeta, pero o segundo días cúbrea cun anaco de céspede artificial ou cunha malla moi tupida... Agora inclínaas 45º e verte sobre elas auga cunha regadeira. Compara (medíndoa nunha cubeta graduada ou visualmente nun bote de cristal) a diferenza entre a terra que aparece no fondo de cada cubeta: ¿é a mesma? ¿E se incrementas o ángulo ou a forza da “choiva”?
A pesar do horror das paisaxes queimadas, unha planta sabe aproveitar a destrución que causa o lume para medrar sen competencia beneficiándose da fertilidade temporal das cinzas: o gamón, abrótega ou asfódelo (Asphodelus albus)¹ – en español varilla de San José ou asfódelo blanco-. E unha das primeiras colonizadoras. O xabaril busca ansiosamente as súas alimenticias raíces marcando o monte coas súas fozaduras. Trátase dunha planta fascinante da que quizais xente moi maior da túa aldea che poida contar historias que nos lembran tempos difíciles. Se non, podes buscar máis información sobre ela na nosa web.
A pesar do horror das paisaxes queimadas, unha planta sabe aproveitar a destrución que causa o lume para medrar sen competencia, beneficiándose da fertilidade temporal das cinzas: o gamón, abrótega ou asfódelo (Asphodelus albus)* –en español varilla de San José ou asfódelo blanco–. Esta planta é unha das primeiras colonizadoras e, antes de que aparezan outras, adorna os devastados campos coas súas fermosas flores brancas. Así tamén protexe algo o solo da erosión.
A busca de recursos alimentarios desde os albores da humanidade fixo que as culturas antigas se fixasen no gamón e aprendesen a maneira de comelo. Non debeu resultar fácil, xa que antes terían que aprender a eliminar a súa perigosa toxicidade: a asfodelina é unha substancia que afecta ao corazón humano e que está presente en toda a planta, en especial nas súas follas e talos. Como chegarían os nosos devanceiros a descubrir a forma de comelo? Terían pasado antes moita fame ata atreverse a investigar? Quizais empezaron observando como as trilladeiras (pequenos roedores do xénero Microtus, coñecidos como topillos en castelán) e os xabarís se alimentaban das súas raíces, semellantes a pequenos nabos. De feito, en moitos montes pódense ver as fozaduras do xabaril na súa busca, mais tamén na procura de bulbos de narcisos, pequenos ratos, fungos, etc. Ao probalas os primeiros humanos deberon de pasar un forte sobresalto cando, debido ao veleno, o seu corazón se disparaba a latexar. Pero a fame e experiencias anteriores agudizarían o enxeño: ao cocelo desaparece a súa toxicidade, polo menos en gran parte. Aínda quedan nas aldeas persoas maiores que lembran telo comido “nos tempos da fame”. Entre certos sectores naturistas do País Vasco e de Navarra, é costume facer cos seus talos, moi parecidos a porros, algúns guisos. Ao parecer provén dunha antiga tradición vasca, e os talos chegáronse a vender ata os anos 50 no mercado de San Sebastián, pero a súa toxicidade acabou co seu consumo é só algúns o consomen na actualidade (ben cocido e desbotando a auga de cocción).
Moitas delas poden ser non só desagradables, senón altamente tóxicas e ata mortais. Nalgúns casos a súa toxicidade é un sistema de defensa precisamente para evitar que moitos animais as consuman. Non obstante, o sistema dixestivo dalgúns animais permítelles comer plantas ou fungos que para nós serían perigosos e mesmo mortais: que unha planta ou fungo estea comida por animais non é proba de que sexa comestible para nós!
O asfódelo tamén forma parte da mitoloxía grega: un prado de asfódelos estaba entre a terrible lagoa Estixia e o palacio do infernal Hades; alí quedaban para sempre os gregos que na vida non foron nin bos nis malos.
Consumo de combustible promedio dun Canadair CL-215T é de 840 litros/hora típica. O seu costo ronda os 19.778.200 €. Unha soa hora de vó custa 5.000 €.
Un helicóptero pode custar ata 20 millóns de euros e cada hora de voo, 1.500 €.
Unha autobomba custa uns 57.000 €.
Para facer fronte con éxito e seguridade aos incendios forestais, cómpre protexerse cun equipo especial.
Malia a súa verde e fértil aparencia (debida en boa parte á óptima combinación de horas de luz, choiva e temperaturas moderadas), os solos de Galicia a miúdo adoitan ser bastante febles e probes.
As queimas para pasto buscan rexuvenecer as matogueiras e despexar o monte para alimentar o gando, pero...
En Galicia a tempada de incendios finaliza cando chegan as choivas, a miúdo intensas e repetitivas. A choiva erosiona intensamente o solo que perdeu a súa protección vexetal
Coa chegada da primavera, a vexetación rebrota e ofrece alimento tenro ao gando; parece que todo vai ben... pero unha boa parte do solo xa desapareceu para sempre.
Cada tres, catro ou cinco anos (dependendo das características da zona), a matogueira xa é demasiado leñosa para alimentar o gando e vólvese a incendiar para comezar o proceso.
Coa repetición de queimas cada “x” anos, o solo fértil vai desaparecendo, pero o que queda aínda permite que medre a matogueira, o que transmite a falsa sensación de que a fertilidade se mantén.
Pero o ciclo anual de choivas segue a arrasar o solo moi intensamente. A materia orgánica case desaparece completamente, arrastrada pola auga, contaminando regatos, lagoas e ata bancos marisqueiros.
Despois de moitos anos de queimas e choivas sucesivas, o solo desapareceu case completamente e as pedras afloran á superficie. A pouca herba que logra medrar xa non pode soster a antiga poboación de gando e de fauna salvaxe. Pero a erosión aínda seguirá a deteriorar máis o monte. Cando se perde o solo fértil, pode tardar centos de anos en recuperarse!